top of page

A NOSA HISTORIA

IMG_3167.heic

1950

Remataba 1950 cando José, quen acabaría sendo coñecido como Señor Gaibor, e María, alugaban unha pequena casiña de pedra no camiño da feira a onde trasladar a súa pequena taberna, que anos antes abrira ás aforas do pobo, recén chegados de Mariz. Eran tempos de escasez nos que defenderon o seu negocio vendendo principalmente viño e bocadillos de sardiña en lata.

1969

José deseguida enviuvou tendo que coidar só ó seu único fillo namentras sacaba adiante o seu local, que tamén era a súa casa. En 1969, Toñito casou con Pili, para poñerse ó frente do negocio. Comezaba así unha etapa na que a compra e posterior reforma do establecemento, permitiu que aquela pequena taberna se convertera en casa de xantar, onde os pratos tradicionais máis representativos da nosa gastronomía conformaban a súa carta, que seguen servindo de inspiración a día de hoxe.

IMG_3179.heic
IMG_3172.heic

1990

Despois de perder a seus pais; Pili, neta do Señor Gaibor, foi quen tomou as rendas do negocio familiar, acompañada pola súa parella, Carlos. Entre os dous traballaron e defenderon a Casa, onde non deixaron de vivir, cunha evolución e adaptación constante para ofertar o mellor servizo posible en cada tempo.

2024

A día de hoxe, Pili e Carlos seguen á fronte da Casa, acompañados polo seu fillo Antón.

Mercedes, David, Adrián e Ofelia completan un equipo de profesionais que dan o mellor de si no día a día para que poidas desfrutar dunha experiencia familiar, cunha cociña humilde e honesta, onde o respecto polo produto é o protagonista nun restaurante no que nunca deixará de latexar o corazón da nosa taberna.

​

IMG_3396.jpg

CONTACTO

GAIBOR OLD LOGO PNG.png

Rúa do mercado 10 27300 Guitiriz, Lugo

+34 982 37 01 56

dende 1950

  • Facebook
  • Instagram

HORARIO DE COCIÑA

Luns a Mércores

Xoves

13:00 - 15:30 e 20:00 - 22:30

PECHADO

Venres e Sábado

13:00 - 15:30 e 20:00 a 22:30

Domingo

13:00 - 15:30

bottom of page